DECAX xa está funcionando: a aplicación de INNEBO que emite o DeCA dixital de cada envío
DECAX xera o DeCA de cada envío por estrada lendo os albarás do teu ERP ou con envíos dados de alta nun panel. O transportista pon a matrícula desde o móbil e o documento leva un QR sempre vixente.
28 de outubro de 20263 min de lectura
Desde o 5 de outubro de 2026 o documento de control administrativo (DeCA) do transporte de mercadorías por estrada ten que ser electrónico (resumo da norma). En INNEBO xa temos funcionando a aplicación DECAX para emitilo.
Que fai DECAX
DECAX xera o DeCA de cada envío por estrada, lendo os albarás do teu ERP ou con envíos que das de alta nun panel.
Con ERP ou sen el: os envíos chegan sós desde o ERP ou dánse de alta a man no panel. Con Innex funciona directamente.
Matrícula desde o móbil: o transportista recibe unha ligazón por WhatsApp ou por email, escribe a matrícula e o documento queda emitido. Sen usuario nin contrasinal.
QR sempre vixente: o documento imprímese ou vai no móbil do condutor; quen o inspecciona escanea o QR e ve a versión vixente. Se algo cambia (outro remolque, un enderezo corrixido), xérase unha versión nova e o QR leva sempre a ela.
Corríxese na orixe: o que falta ou está mal arránxase desde DECAX e, se tes ERP, queda gardado tamén alí.
Avisos a tempo: avísate se un envío vai saír sen documento.
Tamén sen internet: se cae a conexión da oficina, emite o DeCA igualmente e súbeo cando volve.
Perfís de usuario: administración, expedición e só consulta.
Convén saber
DECAX é un produto independente e non necesita ERP.
Só trata envíos nacionais: os internacionais levan CMR e DECAX non os amosa.
Non envía nada á Administración: a inspección faise escaneando o QR do documento.
Os primeiros en usalo son salas de despece e matadoiros de Galicia.