INNEBO

sobre innebo

Enxeñaría industrial dende 2009.

Equipo de enxeñeiros e desenvolvedores en Ourense (Galicia) especializados en software industrial vertical.

Como traballamos

Código propio

Non revendemos plataformas de terceiros. Cada produto leva o noso stack e mantémolo nós.

Integración a nivel baixo

Falamos con PLCs, básculas e instrumentos directamente. Sen capa de abstracción extra.

I+D aplicado

O que investigamos coa Universidade chega á planta de produción dos nosos clientes.

Fitos

2009

INNEBO fundada como empresa de automatización e control industrial

2012

Primeiro Innex ERP en produción na industria cárnica

2015

Omnigate: integración nativa PLC/báscula no ERP

2018

Alianza coa Universidade de Vigo — grupo ATS1, IFCAE

2022

CraneGuard e AXIA MDC comercializados

2024

Axudas PRECIGAL e InnovaPeme 2024 · IN848D aprobadas

2025

DIWASS obrigatorio dende 21 maio 2026 — módulo listo

Localización

Lugar Penedo Soutopenedo 74, San Cibrao das Viñas, Ourense. A 15 min do centro da cidade.

Tes un proxecto industrial?