INNEBO
Volver ao índice I+D

Proxecto financiado · Nexos 2025 · IN852A

PRECIGAL — Agricultura de precisión en Galicia

PRECIGAL

Agricultura de precisión en cultivos estratéxicos galegos (millo forraxeiro, pataca e viñedo) mediante plataformas intelixentes e integración de tecnoloxías avanzadas

INNEBO Ingeniería S.L. participa no proxecto PRECIGAL, seleccionado na convocatoria Nexos 2025 da Axencia Galega de Innovación (procedemento IN852A). O proxecto desenvolve unha plataforma intelixente, modular e escalable de agricultura de precisión para tres cultivos estratéxicos galegos — millo forraxeiro, pataca e viñedo — integrando sensores IoT, observación remota satelital, drons, robots de superficie e intelixencia artificial. As actuacións experimentais desenvolveranse principalmente nas comarcas d'A Limia e O Ribeiro.

Datos do proxecto

Código

IN852A · Nexos 2025

Orzamento total

1.037.751,31 €

Duración

Marzo 2026 – Setembro 2028

Ámbito estratéxico

Agroalimentación · Galicia FEDER 2021-2027

Convocatoria

DOG nº 153 (12/08/2025) · Concesión DOG nº 40 (02/03/2026)

Entidades beneficiarias

O consorcio está formado por 6 empresas galegas, coa colaboración de dous centros de investigación:

  • 1

    SERTOGAL S.L. — coordinador (enxeñería e topografía, Ourense)

  • 2

    INNEBO Ingeniería S.L. (integración tecnolóxica, IoT e big data)

  • 3

    José Antonio Marra Bolaño — Azul e Verde (rega intelixente, Xinzo de Limia)

  • 4

    COMERCIAL AGRÍCOLA GUERRA S.L. (maquinaria agrícola intelixente)

  • 5

    Avelino Santana García

  • 6

    VEIGA BELLA S.L. (subministro de uva para a adega Ramón do Casar, D.O. Ribeiro)

Colaboración científica

  • Universidade de Vigo — grupo AEROLAB do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (drons e intelixencia artificial)
  • Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) — Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas

Obxectivos

Obxectivo xeral

Desenvolver e implementar unha plataforma intelixente, modular e escalable de agricultura de precisión, orientada á sustentabilidade ambiental e á mellora do rendemento nos cultivos estratéxicos galegos (millo forraxeiro, pataca e viñedo), mediante a integración operativa de tecnoloxías xeoespaciais, sensores IoT, intelixencia artificial, datos meteorolóxicos, maquinaria agrícola intelixente e robots terrestres e aéreos.

Obxectivos específicos

  • 01

    Deseñar e desenvolver unha plataforma dixital que integre sensores IoT de solo, planta e clima, imaxes aéreas, datos meteorolóxicos e algoritmos de aprendizaxe automática.

  • 02

    Adaptar a plataforma ás características fenolóxicas, fisiolóxicas e estruturais dos tres cultivos obxectivo (millo forraxeiro, pataca e viñedo).

  • 03

    Optimizar a toma de decisións agronómicas mediante sistemas de apoio baseados en análise xeoespacial e aprendizaxe automática.

  • 04

    Avaliar a eficiencia do uso de drons para a aplicación de produtos fitosanitarios en condicións reais de cultivo.

  • 05

    Avaliar o uso de robots de superficie para monitorización e operacións (aplicación de fitosanitarios, recolección de uva, poda, etc.).

  • 06

    Avaliar o rendemento, impacto ambiental e calidade das colleitas obtidas.

Impacto europeo

PRECIGAL contribúe directamente aos obxectivos do Pacto Verde Europeo e á Política Agraria Común (PAC) ao fomentar unha agricultura máis eficiente, limpa e respectuosa co medio: redución do uso de fertilizantes e fitosanitarios, aplicación precisa e localizada, dixitalización do sector primario e aumento da competitividade das explotacións agrarias locais.

Avances do proxecto

2026

Anualidade en curso. Os fitos acadados publicaranse ao peche de 2026.

2027

Pendente — publicarase ao peche da anualidade.

2028

Pendente — peche do proxecto e publicación de resultados finais.

Aviso legal

Este proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.

Programa Galicia FEDER 2021-2027

«Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea»

Cofinanciado pola Unión Europea — Galicia FEDER 2021-2027Fondos EuropeosXunta de GaliciaAxencia Galega de Innovación (GAIN)