INNEBO
Volver ao blog
PRECIGAL
PRECIGAL — Agricultura de precisión en Galicia

INNEBO, seleccionada no programa NEXOS 2025 da Xunta de Galicia para o proxecto PRECIGAL de agricultura de precisión

PRECIGAL impulsa a agricultura de precisión en millo forraxeiro, pataca e viñedo en Galicia. Proxecto aprobado no programa Nexos e cofinanciado pola Unión Europea, mobiliza máis de 1 millón de euros e desenvolverase entre 2026 e 2028 nas comarcas d'A Limia e O Ribeiro.

2 de marzo de 20264 min de lectura

PRECIGAL impulsa a agricultura de precisión en millo, pataca e viñedo en Galicia

O proxecto, aprobado no programa Nexos e cofinanciado pola Unión Europea, mobiliza máis dun millón de euros e desenvolverase entre 2026 e 2028.

Galicia contará cun novo impulso á innovación agraria grazas á posta en marcha de PRECIGAL (Agricultura de precisión en cultivos estratéxicos galegos), un proxecto aprobado na convocatoria do programa Nexos, xestionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

A iniciativa conta cun orzamento total de 1.037.751,31 € e ten como obxectivo desenvolver e implantar técnicas de agricultura de precisión en tres cultivos clave para o sector agrario galego: millo forraxeiro, pataca e viñedo.

Para iso, o proxecto aplicará ferramentas avanzadas como sensores no campo, imaxes satelitais e drons, co fin de optimizar o uso de fertilizantes, produtos fitosanitarios e auga de rega, mellorando a eficiencia produtiva e reducindo o impacto ambiental.

Consorcio

O consorcio está liderado por Sertogal e conta coa participación de:

  • INNEBO Ingeniería
  • José Antonio Marra Bolaño
  • Comercial Agrícola Guerra
  • Avelino Santana García
  • Veiga Bella — vinculada ao subministro de uva para a adega Ramón do Casar

As actuacións experimentais desenvolveranse principalmente nas comarcas d'A Limia e O Ribeiro ao longo do período 2026-2028, en condicións reais de cultivo.

Colaboración científica

No ámbito científico-técnico participan o grupo AEROLAB do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais da Universidade de Vigo e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), adscrita á Consellería do Medio Rural e situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas.


Consulta a ficha completa do proxecto PRECIGAL cos obxectivos, avances anuais e logos oficiais de cofinanciamento.

Este proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.